Política de privacidade
Explicámosche, en claro, que datos tratamos, para que e que dereitos tes.
1. Responsable do tratamento
- Responsable: [RAZÓN SOCIAL] (marca PostCleaner)
- NIF: [CIF]
- Domicilio: [DIRECCIÓN POSTAL]
- Correo electrónico: [CORREO DE CONTACTO]
2. Dous papeis distintos: a web e o servizo
Cando visitas esta web, nos escribes ou contratas, somos responsables dos teus datos de contacto e de cliente. Cando prestamos o servizo de filtrado, tratamos o correo que reciben as caixas de correo dos nosos clientes por conta deles: somos encargados do tratamento e asinamos con cada cliente o contrato que esixe o artigo 28 do RXPD.
3. Datos de contacto e de clientes
- Que datos: nome, empresa, correo electrónico, teléfono, dominios e a mensaxe que nos envíes; se contratas, ademais os datos de facturación.
- Para que: responder á túa consulta, preparar unha oferta, prestar o servizo contratado, facturar e darche soporte.
- Base legal: o teu consentimento ao enviar o formulario, a aplicación de medidas precontractuais a petición túa, a execución do contrato e o cumprimento de obrigas legais (fiscais e contables).
- Canto tempo: as consultas que non acaban en contrato, un máximo dun ano; os datos de clientes, mentres dure o contrato e despois durante os prazos legais de conservación.
- Comunicacións comerciais: só che enviaremos información dos nosos servizos se es cliente ou se nos das o teu permiso, e poderás darte de baixa en calquera momento.
4. O correo que filtramos para os nosos clientes
- Que se trata: as mensaxes dirixidas aos dominios protexidos, coas súas cabeceiras, contido e anexos, e os datos técnicos da conexión (enderezos IP, remitente, destinatario, data e resultado da análise).
- Como: a análise é automática. Ninguén le o teu correo. O noso persoal técnico só accede a unha mensaxe concreta se o cliente o pide para resolver unha incidencia.
- Canto tempo: o correo limpo entrégase ao momento e non se garda. As mensaxes retidas consérvanse en corentena 14 días e despois bórranse automaticamente. Os rexistros técnicos gárdanse o tempo necesario para a seguridade e o soporte do servizo.
- Intelixencia artificial: hoxe non se usa. Se no futuro engadimos unha revisión con IA do correo dubidoso, avisarase antes aos clientes e recollerase no contrato de encargo.
5. Onde están os datos
O servidor de filtrado e esta web están aloxados nun centro de datos de OVHcloud situado en Canadá. Canadá conta cunha decisión de adecuación da Comisión Europea, que recoñece que ofrece un nivel de protección de datos equivalente ao europeo; por iso esta transferencia internacional non necesita garantías adicionais. OVHcloud actúa como subencargado do tratamento.
6. A quen se comunican
Non vendemos nin cedemos os teus datos. Só os coñecen os provedores que precisamos para prestar o servizo (aloxamento e, se é o caso, asesoría fiscal e bancos para a facturación), cos que temos os contratos que esixe a lei, e as administracións públicas cando a lei o obriga.
7. Seguridade
Aplicamos medidas técnicas e organizativas axeitadas: conexións cifradas, acceso restrinxido con dobre factor, actualizacións de seguridade, protección fronte a ataques e copias da configuración.
8. Os teus dereitos
Podes pedir o acceso, a rectificación, a supresión, a limitación do tratamento, a portabilidade dos teus datos ou opoñerte ao tratamento, e retirar o teu consentimento en calquera momento. Escríbenos ao enderezo de correo indicado arriba, indicando que dereito queres exercer.
Se o tratamento afecta ao correo dun cliente noso (por exemplo, es empregado dunha empresa que usa PostCleaner), dirixete a esa empresa, que é a responsable; nós axudarémoslle a atenderte.
Se cres que non atendemos ben os teus dereitos, podes reclamar ante a Agencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).
9. Cambios
Podemos actualizar esta política para adaptala a cambios legais ou do servizo. Publicaremos aquí a versión vixente e, se o cambio é importante, avisaremos os clientes.