1. Esta web non usa cookies de seguimento
Non usamos cookies de publicidade, de analítica nin de redes sociais, e non cargamos tipografías nin programas de servidores de terceiros. Por iso non che mostramos ningún aviso para aceptar cookies.
2. O único que garda o teu navegador
Se elixes un idioma no menú, o teu navegador lembra esa preferencia no seu almacenamento local (non é unha cookie e non se envía a ningún servidor). É un dato técnico necesario para mostrarche a web como pediches, e podes borralo cando queiras desde a configuración do teu navegador.
3. O panel de clientes
Ao entrar no panel de clientes úsase unha cookie de sesión, imprescindible para manterte identificado de forma segura mentres o usas. É unha cookie técnica: non precisa consentimento e bórrase ao pechar a sesión ou ao caducar.
4. Cambios
Se algún día usamos outro tipo de cookies, actualizaremos esta páxina e pediremosche permiso antes de instalalas.